xoves 22.08.2019
CAMPAÑA DE SEGURIDADE VIAL

Carglass e o Concello de Monterrei loitan man a man contra a choiva e os mosquitos

Repelente á auga, de fácil limpeza, aplicado en tan só cinco minutos e cunha duración de entre seis e oito meses, en función do uso do coche.

Imaxe do cartaz promocional da campaña de seguridade vial.
Imaxe do cartaz promocional da campaña de seguridade vial.

A choiva e os mosquitos como inimigos do parabrisas dos coches son, hoxe e mañá, o centro dunha campaña "de seguridade vial" organizada por Carglass coa colaboración do Concello de Monterrei. Calquera que posúa un carro con cristal dianteiro poderá acudir ao campo da festa de Wences (sic.), intúese que no Concello de Monterrei, para que o seu vehículo reciba, completamente de balde, un tratamento antochoiva e antimosquitos.

Calquera que posúa un carro con cristal dianteiro poderá acudir ao campo da festa de Vences, en Monterrei, para que o seu vehículo reciba, completamente de balde, un tratamento antochoiva e antimosquitos.

Repelente á auga, de fácil limpeza, aplicado en tan só cinco minutos e cunha duración de entre seis e oito meses, en función do uso do coche. Estas son as propiedades que Carglass lle atribúe a este líquido milagreiro que andan a repartir na comarca a todos os condutores que se acheguen hoxe e mañá entre as 10 e as 16:30 horas. 

Este xornal recomenda non buscar Wences no GPS e acudir directamente a Vences.

Carglass e o Concello de Monterrei loitan man a man contra a choiva e os mosquitos
comentarios