xoves 22/10/20
O home, que acostuma a saír a pasear, padece unha discapacidade intelectual

Buscan en Medeiros (Monterrei) a un septuaxenario desaparecido este mediodía

O desaparecido Antonio Pérez.
O desaparecido Antonio Pérez.

Un amplo operativo participa na busca dun home desaparecido dende este mediodía en Monterrei (Ourense), informaron o 112 e fontes de Protección Civil do municipio, que explicaron que se trata dun home que normalmente sae a pasear e, en ocasións, se desorienta.

Drons da Axencia Galega de Emerxencias, equipos de cabalos e persoal de Protección Civil de Monterrei e Cualedro están a participar nos esforzos para localizalo.

O home saíu a pasear despois do xantar, ao redor das 14:30 horas, na localidade de Medeiros. O aviso de que non regresaba a casa foi dado pola súa irmá. Fontes de Protección Civil explicaron que o home desapareceu hai dous anos e logo conseguiron localizalo a uns 10 quilómetros do lugar onde fora visto por última vez.

Segundo o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, é unha persoa dos seus 70 anos que sae a dar un paseo con frecuencia e ten unha discapacidade intelectual.

Buscan en Medeiros (Monterrei) a un septuaxenario desaparecido este mediodía
comentarios