domingo 20/09/20
A III edición do certame terá lugar o vindeiro 19 de setembro, na Acrópole do municipio

Aberto o prazo de inscrición para o Concurso Internacional de Pintura ó Aire Libre de Monterrei

O prazo de inscrción finaliza o próximo 6 de setembro e os interesados en participar poden facelo poñéndose en contacto coa oficina de turismo de Monterrei.

O Concurso Internacional de Pintura ó Aire Libre de Monterrei terá lugar na Acrópole do municipio, o vindeiro mes de setembro. | FOTO: Cedida.
O Concurso Internacional de Pintura ó Aire Libre de Monterrei terá lugar na Acrópole do municipio, o vindeiro mes de setembro. | FOTO: Cedida.

O vindeiro 19 de setembro celebrarase na Acrópole de Monterrei o Concurso Internacional de Pintura ó Aire Libre, que segue a liña das dúas edicións anteriores. 

Oe 2º premio son monetarios -1.000 e 500 euros, respectivamente- pero o 3º seleccionado recibirá como compensación unha escultura do recoñecido artista verinense Xosé Rivada.

Ó certame poden presentarse artistas maiores de 18 anos, profesionais ou afeccionados, cun máximo de dúas obras realizadas no día do concurso. 

O prazo de inscrición estará aberto ata o 6 de setembro e levarase a cabo unha selección de participantes. Os interesados poden atopar máis información ou cumplimentar a solicitude pertinente poñéndose en contacto coa oficina de turismo de Monterrei, no teléfono 988 361 360.

Os estilos e as técnicas serán libres, pero o tema obrigatorio é o entorno paisaxístico e monumental da Acrópole de Monterrei. Os organizadores serán os encargados de entregarlle os lenzos -de 65x50 cm- ós participantes.

A actividade está organizada polo Concello, co apoio da Deputación de Ourense e da Denominación de Orixe de Monterrei.

Aberto o prazo de inscrición para o Concurso Internacional de Pintura ó Aire Libre de...
comentarios