Os traballos están expostos no Concello

NOTICIAS VERÍN | O Entroido de Laza abre o prazo de votación para seleccionar o cartel de 2023

Carteis expostos no Concello de Laza.

A búsqueda de cartel para o Entroido de Laza empeza unha nova fase, co inicio do prazo de votación entre os traballos presentados, que se pode facer aquí. A data límite para exercer o voto popular será o 10 de decembro e o 11 coñecerase cal é o cartel que acompañará á festividade no 2023.

Os veciños e todos aqueles visitantes que se acheguen a Laza poderán seleccionar o cartel que máis lles guste, sendo un punto sobre o total de votos e só se recollerá un por persoa. Os traballos presentados están expostos no Concello de Laza, onde se poden ver para logo votar polo seu favorito.

A elección complétaa o voto da Comisión do Entroido de 2023, que concederá un por cada membro e a un dos carteis que se presentaron a concurso. No caso de empate, será o presidente da Asociación Enlazados o que desfaga o empate entre os máis votados.

O resultado da selección faráse público o 11 de decembro a través das canles de comunicación da Asociación Enlazados en Facebook e Twitter, así como noutra calquera que a comisión considere. A decisión final será inapelable.

Os carteis, co seu título, poden verse na Casa do Concello para votar polos mellores.