viernes. 19.04.2024
laza
Os últimos sismos rexistrados no concello de Laza.

Esta madrugada volveu a actividade sísmica ao concello de Laza. Todo parecía indicar que a paz regresara á terra despois de 48 horas sen movemento. Non obstante, foi ás 00:13h da noite cando o Instituto Xeográfico Nacional rexistraba un novo terremoto. Nesta ocasión cunha magnitude de 1.7 graos na escala de Richter. Dúas horas despois, ás 02:03h, producíase unha réplica de 2,1 graos. Dende o pasado día 13 de maio xa se levan contabilizado 78 movementos sísmicos nos límites do municipio. 

O máis salientable continúa a ser o rexistrado o día 21 de maio, o máis significativo de toda a provincia de Ourense dende 1910, cunha magnitude que alcanzou os 3,6 graos na escala de Richter.

NOTICIAS VERÍN | Novos tremores en Laza despois de dous días sen actividade sísmica