Venres. 29.03.2024
Tremores rexistrados en Laza nos últimos tres días.
Tremores rexistrados en Laza nos últimos tres días.

O Instituto Xeográfico Nacional notificou esta madrugada un novo sismo rexistrado no termo municipal lazano, cunha magnitude que chegou aos 3 graos na escala de Richter, rexistrando ás 02:48h o seu epicentro no núcleo de O Castro.

es2021rdyvzEpicentro do terremoto de 3 graos ocorrido esta madrugada en Laza.

Esta actividade sísmica na zona foi constante na última semana, na que xa se deixaron sentir un total 11 tremores, o máis intenso de 3,2 graos o pasado 28 de agosto ás 19:41h da tarde. Ocorría logo de tres meses de rexistrarse o máis potente dos últimos tempos en Laza, o do pasado 21 de maio, pouco despois da media noite, que alcanzaba os 3,6 graos.

NOTICIAS VERÍN | Un novo terremoto de 3 graos deixouse sentir esta noite en Laza