viernes. 19.04.2024
teatro1
Emilia Somoza, no seu papel de María, estivo a piques de finar dun ataque ao corazón.

A segunda das convocatorias culturais que o novo equipo de Goberno do Concello de Laza preparou para todos os seus veciños, volveu a ser na tarde de hoxe un éxito absoluto de público. A representación da obra de teatro "Loucos de atar", interpretada polos integrantes da compañía verinense "La caja de pandora", congregou nos baixos da casa consistorial de Laza a 130 persoas que se desternillaron de risa coa versión que os seis actores locais fixeron da exitosa "Toc Toc", do francés Laurent Baffie, na que outras tantas personaxes coñécense na sala de espera dun afamado psiquiatra. Todos sofren diferentes tipos de trastornos obsesivos compulsivos, como a tendencia a dicir obscenidades (coprolalia); a repetición sistemática de palabras, frases ou terminacións (palilalia); a necesidade patolóxica de contar obxectos ou facer cálculos (aritmomanía) ou o medo extremo a enfermar polo contacto físico (nosofobia). 

teatro3Gerardo Seoane (esquerda), o rexedor de Verín, interpreta o papel do taxista Camilo.

Entre o elenco de actores da compañía verinense, figuraban o alcalde do Concello de Verín, Gerardo Seoane; a súa concelleira de Cultura, Emilia Somoza, e mesmo tamén un compañeiro de formación desta última, o edil polo BNG no Concello de Monterrei Alberto Rodríguez García. Sobre as táboas tamén estiveron Amadeo García Méndez, Rosa Ana Méndez Cortizo, Jacobo García Novoa e Mercedes Paré Ginzo. E todos, foron quen de arrincar unha sonora ovación do abarrotado salón lazano unha hora despois de dar comezo a representación. 

teatro2Os baixos da casa do concello de Laza quedáronse pequenos para acoller ao numeroso público.

Que 130 persoas asistan a unha obra de teatro en Laza non ten outra lectura que a que ten, que a nosa xente estaba ávida de eventos culturais

O tenente de alcalde de Laza, Jorge Lorenzo Vila, que fixo as veces de taquilleiro, valoraba ao remate moi positivamente a reposta do público: "A nosa primeira incursión na organización de eventos culturais tivo unha reposta formidable -en alusión á proxección do filme "Campeones"-. E a de hoxe volve a ser extraordinaria; que 130 persoas asistan a unha obra de teatro en Laza non ten outra lectura que a que ten, que a nosa xente estaba ávida de eventos culturais", sinalou.

Lorenzo Vila avanzou que estos actos non deixan de ser "unha proba piloto, para ver a resposta da xente de cara a programar, para o vindeiro ano, un calendario completo e regular de actividades culturais para todas as idades, nas que o cinema e o teatro, sen dúbida, estarán presentes".

O Concello de Laza apostará polo cinema e o teatro cunha programación cultural estable...