venres 10.07.2020
O teniente de alcalde de Laza abre a posibilidade a unha negociación coa principal forza da oposición no concello lazano

Jorge Lorenzo: "Estamos abertos a negociar co PP pero nunca lle daremos a alcaldía a Moncho"

O tenente de alcalde de Laza, Jorge Lorenzo, manifestou en declaracións a este medio a súa dispoñibilidade a negociar co Partido Popular, "sempre ca condición de que Moncho non sexa o alcalde". 

O ata o momento tenente de alcalde, Jorge Lorenzo Vila, diante das portas do Concello de Laza.
O ata o momento tenente de alcalde, Jorge Lorenzo Vila, diante das portas do Concello de Laza.

Jorge Lorenzo Vila, teniente de alcalde do Concello de Laza e voceiro de Xuntos por Laza, a formación municipalista que acabou por arrebatarlle, apoiando na investidura ao PSdeG-PSOE, a alcaldía ao Partido Popular, vén de confirmar que "nós estamos abertos a negociar con quen queira negociar, acabáronse as maiorías absolutas neste Concello e é época de entendementos. Nós podemos chegar a un acordo con quen queira, e non desboto a posibilidade de que sexa co Partido Popular se é que están con ganas de traballar por Laza", asegurou en declaracións a Diario do Támega, recalcando, iso si, "que non seremos nós quen fagamos alcalde de novo a Moncho -en referencia a José Ramón Barreal, voceiro do Partido Popular na Corporación lazana-. A xente de Laza non quería a Moncho de alcalde, así o dixo nas eleccións, pero iso non impide que poidamos chegar a un acordo co seu partido se el non está", puntualizou Lorenzo Vila. 

As declaracións, abrindo a posibilidade de novas negociacións, non deixan lugar a dúbidas de que o pacto de investidura que levou a Jesús Blanco Conde á alcaldía de Laza está roto: "El mesmo afirmou publicamente que prefería gobernar en minoría que contar coa nosa colaboración", recalca Jorge Lorenzo, de Xuntos por Laza. 

A primeira das desavenencias públicas entre os dous socios do grupo do Goberno chegou cando Xuntos por Laza votou, co Partido Popular, a urxencia dunha moción dos populares coa que se pretendía aprobar a incorporación dos trienios aos emolumentos dos traballadores municipais. A definitiva confirmación da fenda chegou coa votación dos orzamentos para o 2020, que foron rechazados polas dúas formacións anteriores, sumando 6 escanos fronte aos 3 do PSdeG-PSOE. 

 

Jorge Lorenzo: "Estamos abertos a negociar co PP pero nunca lle daremos a alcaldía a...
comentarios