sábado 19/09/20
O ingreso é resultado dun empeoramento no seu cadro clínico tras atoparse varios días illado no seu domicilio

Trasladado de urxencia á UCI do CHUO un dos infectados por coronavirus en Laza

O paciente, de 54 anos, foi diagnosticado de COVID-19 o pasado sábado, 15 de agosto, no gromo importado do Concello de Laza que afecta, polo momento, a seis persoas da mesma unidade familiar.

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). | FOTO: Recuperada.
Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). | FOTO: Recuperada.

Segundo fontes do Servizo Galego de Saúde, na tarde de hoxe produciuse o ingreso dun paciente, home de 54 anos de idade, na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Universitario de Ourense.

O paciente foi diagnosticado positivo de COVID-19 o pasado sábado, 15 de agosto, no gromo importado do Concello de Laza, que afecta en total a seis persoas do mesmo núcleo familiar.

O veciño foi trasladado esta tarde dende o Hospital de Verin ata o Hospital Universitario de Ourense despois de sufrir un empeoramento no seu cadro clínico tras estar en situación de illamento -no seu domicilio- durante seis días.

Dende o SERGAS afirman que o lazano estivo baixo seguimento dos profesionais do seu centro de saúde en todo momento.

Trasladado de urxencia á UCI do CHUO un dos infectados por coronavirus en Laza
comentarios