Xoves. 28.03.2024

O Concello de Laza pon en valor a estación rupestre das Pisadiñas, única na comarca

A peneda das Pisadiñas é un lugar moi respetado no pobo de Laza, considerado sagrado ata mediadios do século XX. Moitas mulleres acudían ao lugar, buscando mellorar a súa fertilidade e incluso se facían rituais de limpeza da peneda e ofrendas de flores, oficiados polo cura do momento. 

A Comunidade de Montes en Man Común de Laza, Cimadevila e Souteliño recuperou o seu entorno nun proxecto de revalorización deste conxunto de arte rupestre, único na comarca

O rexedor lazano, Jesús Blanco; a presidenta da Comunidade de Montes de Laza, Rosa López, e a arqueóloga Nieves Amado, sentadas no enclave recuperado cas vistas da vila ó fondo.
O rexedor lazano, Jesús Blanco; a presidenta da Comunidade de Montes de Laza, Rosa Novoa, e a arqueóloga Nieves Amado, sentadas no enclave recuperado cas vistas da vila ó fondo.

O alcalde de Laza, Jesús Blanco Conde, participou este luns no que seguro será a súa última comparecencia nun acto público de presentación dalgún dos proxectos levados a cabo durante o seu mandato. Achegouse ata a sede social da Mancomunidade de Montes Veciñais de Laza para presentar, en compañía da presidenta da entidade, Rosa Novoa, e da arqueóloga lazana Nieves Amado a recuperación dunha das xoias arqueolóxicas non só do seu municipio, senón tamén de toda a comarca: A estación de arte rupestre das Pisadiñas

O proxecto, financiado na súa totalidade pola entidade mancomunada -aínda que o Concello de Laza colaborou na sinalización- deixou ao descuberto un conxunto de arte rupestre no val composto pola confluencia de varios penedos con inscricións datadas na Prehistoria da humanidade. O importante lavado de cara que sufriu a zona, que agora xa é apreciable na súa totalidade, permitirá ao visitante disfrutar, non só dese entorno representantivo da historia do pobo lazano, senón tamén dunhas chamativas vistas da contorna froito do seu destacado enclave. 

A peneda das Pisadiñas é tamén coñecida polos veciños e veciñas de Laza, protagonista de moitas outras historias daqueles que xa a visitaban, cando levaban ao gando a pastar alí. Unha das arqueólogas do proxecto, Nieves Amado, admite que o primeiro problema co que se atoparon ao iniciar o proxecto de creación dunha ruta arqueolóxica, foi que o monte estaba cheo de piñeiros que desvirtuaban moito, tanto as penedas coma a propia paisaxe, debido á falta de visión. A arqueóloga admite que esta característica na vexetación, sumado ao pouco coidada que estaba a zona e á composición das penedas, que son de pizarra, aumentaba perigosamente o risco de incendio forestal e dificultaba a conservación. 

O que se levou a cabo foi unha tala de piñeiros que permitise deixar as pedras e o paisaxe ao descuberto. Nunha segunda parte do proxecto, realizouse unha sinalización e interpretación da área arqueolóxica: dende a entrada de Verín ata a propia zona da peneda das Pisadiñas. A arqueóloga explica que "había xente que estaba vindo a Laza, a ver as penedas, pero non daba con elas debido ao cruce de pistas forestais que hai"

                               Grande parte do orzamento destinado á recuperación do conxunto consumiuse na instalación dos paneis informativos. 

A das Pisadiñas é a primeira estación de arte rupestre que se pon en valor en toda a comarca. Hai outros traballos arqueolóxicos en castros e outras especialidades; pero en petroglifos, é a primeria que se sinala e interpreta. A Estación de Arte Rupestre das Pisadiñas non só está constituida pola peneda das pisadiñas, senón que se trata dunha área arqueolóxica constituida por 7 penedas distintas. A peneda principal é a das Pisadiñas porque resume bastante ben o contido das outras 6; pero é igualmente interesante observar os símbolos gravados no conxunto de todos os afloramentos rochosos, porque se complementan e aportan unha imaxe máis ampla da información.

Os gravados evidencian unha conexión entre eles porque lle aportan á zona das Pisadiñas un significado de espazo ritual cun especial contido simbólico máxico-relixoso. Son moitas as lendas que acompañan a este lugar: segundo a tradición oral na zona de Monterrei, nesta peneda habitaban os "mouros", seres míticos do imaxinario popular galego. Conta a lenda, que cando Santiago se dispuxo a loitar contra eles, deixou impresas as ferraduras do seu cabalo. Outro exemplo da tradición oral galega, indica que pola peneda pasou a Virxe, co Neno e San Xosé, na súa fuxida a Exipto, deixando gravadas as súas pisadas.

Sobre os gravados, tamén se destaca unha coherecia cronolóxica entre eles: posiblemente, realizados en varias etapas dende a Prehistoria. Algúns dos motivos gravados son podomorfos (pés ou pisadas), quiromorfos (mans), ferraduras, curciformes..., e pertencen ao Estilo ou Arte Esquemático máis típico do Noroeste Peninsular; especialmente da provincia de Ourense e do Norte de Portugal.  

                               A estela do conxunto recuperado: a peneda das Pisadiñas. 

Na mesma zona, pódese atopar unha mina de explotación de ouro ao aire libre que data da época romana: formada por zanxas profundas e canles de auga, nas que se traballaban os procesos que remataron por dar lugar ao preciado metal, hai máis de 2.000 anos

A aprobación do proxecto correu de cargo de Patrimonio e, segundo admite a arqueóloga, retrasouse un pouco máis do debido: en primeiro lugar, porque é un procedemento longo, pero especialmente porque a crise sanitaria derivada da Covid dificultou o avance dos trámites. O equipo promotor é a Comunidade de Montes de Laza, Cimadevila e Souteliño, que admite que se trata dun proxecto piloto para a posta en valor dos recursos que se atopan nos nosos montes, así como un exemplo de colaboración. A Estación de Arte Rupestre das Pisadiñas logrou levarse a cabo grazas á colaboración do Concello de Laza e a Asociación Cultural Alto Támega (Laza-Ourense). 

Entre as recomendacións básicas á hora de visitar esta zona histórica: non subir por riba dos petroglifos, non recoller material arqueolóxico, manter limpo o monte e respetar os paneis informativos

 

O Concello de Laza pon en valor a estación rupestre das Pisadiñas, única na comarca