luns 21/06/21
O comité clínico levanta as restricións de nivel máximo no municipio

CORONAVIRUS VERÍN | Laza recuperará a normalidade este sábado e os bares galegos abrirán ata a unha da madrugada

Laza-cribado-Sergas
O gromo que motivou o cribado poboacional está xa case superado. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións no concello de Lobios, substituíndo así a Laza, que pasa a nivel medio baixo, no que tamén estará Cualedro -que descende un chanzo- e o resto de municipios da comarca. 

Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos concellos de Cambados, Vilanova de Arousa, Moraña, Ponte Caldelas, Mos, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Oleiros.

Ademais, no nivel medio de restricións estarán os concellos de Boborás, O Barco de Valdeorras, Santiso, Boiro, Rianxo, Padrón, Ordes, Valga, Ames, Carral, Fisterra, Cee, Bueu, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Cangas, Moaña, Salceda de Caselas, Chantada, Viveiro e Cervo.

No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

O comité tamén acordou permitir as ceas ata a unha da madrugada nos locais de hostalería, independentemente de se teñen licenza ou non de restaurante. Polo tanto, os locais que dean ceas, poden dalas nas mesmas condicións que os restaurantes.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro sábado, 22 de maio.

CORONAVIRUS VERÍN | Laza recuperará a normalidade este sábado e os bares galegos...
comentarios