viernes. 19.04.2024
Cribado poboacional en Laza.
Cribado realizado no concello de Laza. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid - 19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Cambados, Laza e Padrón.

Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos concellos de Cangas, A Laracha, Lobios, Oleiros, Ribeira e Vilanova de Arousa.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Ames, Barbadás, Betanzos, Bueu, Carballeda de Valdeorras, Carral, Cerdedo-Cotobade, Chantada, Cualedro, Cuntis, Fisterra, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Marín, Melide, Moaña, Moraña, Noia, Ordes, A Pastoriza, Ponte Caldelas, Salceda de Caselas, Santiso, Silleda, Soutomaior, Toén, Tomiño e Valga.

Neste nivel permítise a apertura de bares cun 30 por cento de aforo no interior e un 50 por cento nas terrazas, o que supón que no concello cualedrés volverán á actividade dende este venres. O municipio deixará tamén de estar pechado perimetralmente
 

No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo, isto é, o concello de Verín descende un chanzo e amplíase a ocupación tanto no interior de establecementos como nas terrazas dos mesmos. 

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 14 de maio.

CORONAVIRUS VERÍN | Laza, o único concello de Ourense en nivel máximo de restricións