miércoles. 24.04.2024
José Ramón Barreal Novo, sosteniendo el bastón de mando en el Concello de Laza, 13 meses después de perderlo. | FOTO: Noelia Caseiro.
José Ramón Barreal Novo, sostendo o bastón de mando do Concello de Laza, o pasado 24 de xullo. | FOTO: Noelia Caseiro.

O rexedor de Laza, José Ramón Barreal Novo, vén de convocar para este venres ás 10:00 horas a comisión de control do proceso selectivo "Selección para a creación dunha bolsa de emprego para peóns do Grupo Municipal de Emerxencias Supramunicipal (GES)".

O comité de control estará composto polos representantes dos sindicatos maioritarios -CC.OO., UGT, CSIF e CIG (solicitante do procedemento)- e da administración local, os concelleiros do grupo de Goberno, Víctor Saínza e Lorena Costa. 

Tamén están chamados á primeira reunión do comité os membros do Tribunal examinador e os asesores técnicos que participaron no proceso selectivo cuestionado. 

Foi o grupo Xuntos por Laza o que, nunha denuncia pública, advertiu de posibles irregularidades no proceso selectivo para a bolsa de emprego do GES lazano cando uno dos candidatos, "sen experiencia en emerxencias", obtivo as máis altas cualificacións tanto na proba escrita coma na práctica. 

Convocada a comisión de control da selección dos GES de Laza para este venres