martes 24/11/20
Este martes lle transferiron 2.972,50 euros a cada un dos beneficiarios da solidariedade lazana e foránea

A Asociación Cultural Enlazados recadou case 6.000 euros de doazóns para as familias vítimas dos lumes

Arredor de 4.000 euros percibiron cada una das familias afectadas polos lumes da última fin de semana do mes de outubro en Laza, logo de que hoxe se lle fixera chegar a aportación da Asociación Cultural Enlazados polo recadado da solidariedade de lazanos e foráneos, que se suma ao transferido pola institución municipal. 

Na imaxe, a vivenda calcinada o pasado 30 do outubro e, á dereita, a que ardeu o domingo seguinte, en Laza.
Na imaxe, a vivenda calcinada o pasado 30 do outubro e, á dereita, a que ardeu o domingo seguinte, en Laza.

A Asociación Cultural Enlazados vén de transferirlle a cada unha das familias afectadas polo lume do pasado 30 de outubro, no que se consumiron dúas vivendas enteiras na Rúa Barrio da localidade, un total de 2.972,50 euros a cada unha delas, isto é, a metade do recadado en total da solidariedade dos veciños de Laza e de fóra do municipio. 

O colectivo cultural transmitía este mesmo mediodía a "gratitude destas dúas familias por todo o que fixemos todos. A nós pola iniciativa e a vós por corresponder tan ben, superando as nosas expectativas". 

Á cantidade recibida por cada un dos propietarios afectados engadenselle os 800 euros de aportación a ambas familias achegados dende a institución municipal, aprobados recentemente por unanimidade no pleno da Corporación. 

O lume nas dúas casas comezou na noitiña do pasado 30 de outubro nunha estufa de leña da planta baixa dunha das vivendas. Esa tarde noite calcinouse por completo esa primeira edificación. Na madrugada do domingo seguinte, o infortunio quixo que se reproducira o incendio na vivenda contigua, que acabou tamén ardendo por completo. 
 

A Asociación Cultural Enlazados recadou case 6.000 euros de doazóns para as familias...
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade