martes 23.07.2019
Claudia Expósito será a encargada de seleccionar as curtas

O cine cubano exhibirase no Festival de Curtametraxes de Verín

A directora cubana Claudia Expósito. | FOTO: FIC VIA XIV.
A directora cubana Claudia Expósito. | FOTO: FIC VIA XIV.

A IV edición do Festival Internacional de Curtas de Verín (FIC Vía XIV), que se desenvolverá na vila entre o 30 de novembro e o 8 de decembro vindeiros, ten xa a súa primeira actividade paralela confirmada. Trátase dunha
retrospectiva de curtametraxes representativas do cinema cubano actual, todas elas realizadas entre os anos 2015 e 2019.


A produtora e directora artística de orixe cubana, Claudia Expósito, é a encargada de realizar a escolma de curtas que se exhibirán en Verín no marco desta iniciativa.
Expósito participou, dende 1993, nuns 150 espectáculos musicais, festivais, eventos e proxectos audiovisuais, creando e producindo varios espazos artísticos culturais.


O director do FIC Vía XIV, Carlos Montero, asegura que esta perspectiva constitúe “un perfecto exemplo da vocación social que ten o certame e que posibilita conectar Verín con outras realidades e culturas a través do cinema”.
No marco desta retrospectiva poderán verse en Verín as curtas Ángela, de Juan Pablo Daranas; Las muertes de Arístides, de Lázaro Lemus; Los viejos heraldos, de Luis Alejandro Yero; Gloria eterna, de Yimit Ramírez; Casa de la noche, de Marcel Beltrán; No country for old squares, de Yolanda Durán y Ermitis Blanco; El Pescador, de Ana A. Alpízar e Paisaje, de Daiyan Noa.

O cine cubano exhibirase no Festival de Curtametraxes de Verín
comentarios