Venres. 29.03.2024
Un estudo sobre o presente e o futuro deste territorio transfronteirizo recomenda mellorar as súas políticas de comunicación

A Eurocidade recoñece que precisa estreitar maiores lazos cos cidadáns de Chaves, Verín e a contorna

A sede da Eurocidade Chaves-Verín, en Feces, foi o escenario escollido para a presentación do estudo "Eurocidade Chaves-Verín: Situación e Perspectivas", que tivo, durante os seis meses do seu desenrolo, o obxectivo de promover a reflexión sobre a situación do proxecto supramunicipal como instrumento de promoción da cooperación transfronteiriza para un maior desenvolvemento local e rexional. 

eurocidade
O acto de presentación das conclusións do estudio tivo lugar na sede da Eurocidade, en Feces (Verín).

Dez anos van dende que naceu o proxecto da Eurocidade Chaves - Verín que, máis tarde, acabaría converténdose, en termos de pura personalidade xurídica, nunha Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza. Precisamente, co gallo dese décimo aniversario e impulsado por un dos socios do proxecto Eurocidade 2020, a Fundación Galicia Europa; presentouse na sede do organismo supramunicipal o estudo "Eurocidade Chaves-Verín: Situación e Perspectivas", no que se resumiron as conclusións da contraposición da visión dos xoves das dúas localidades coa a visión institucional establecida para o desenvolvemento deste instrumento de cooperación. 

A principal consideración que os datos do traballo de campo proporcionaron, como así reflictiu unha das integrantes do equipo de redacción dese estudo, Nerea Pérez Adriano, técnica de proxectos europeos da Eurocidade; foi a necesidade de facer máis populares todas as iniciativas que dende esa institución se poñen en marcha. Expresamente, aínda que sen negar o amplo grao de coñecemento que por parte da poboación xove a un e outro lado da fronteira existe da Eurocidade, "si é certo que unhas das conclusións que o noso equipo sacou do traballo de campo foi a necesidade de mellorar nos aspectos da comunicación de todos aqueles proxectos que dende esta institución se poñen en marcha, como tamén de explotar a vontade desa poboación máis nova da zona de querer continuar formando parte desta iniciativa". 

Na presentación do estudo, ademáis da referida técnico de proxectos europeos, estiveron presentes o teniente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo; Xosé María Lago García, Subdirector Xeral de Acción Exterior e Cooperación Transfronteiriza da Xunta de Galicia, e Rodrigo Moreira, Xefe da División de Sustentabilidade e Competitividade do Municipio de Chaves, en representación de Francisco Melo, o Vicepresidente da Cámara Municipal de Chaves, que aínda que escusou a súa incomparecencia inicialmente, acabou facéndose presente a piques de rematar o acto. 

ANÁLISE DOS MÉRITOS E AS DEBILIDADES DO ENTE

A partir das opinións e reflexións compartidas tanto polos responsables políticos dende a súa creación, como pola mocidade local entre 16 e 30 anos, o traballo analizou os méritos e debilidades da Eurociudade, presentando propostas e recomendacións baseadas nas expectativas de todos os participantes no estudo. Cabe destacar a visión compartida de que a Eurociudade, polas súas propias características e competencias, ten o potencial de ser unha importante ferramenta para o desenvolvemento local e para crear as condicións necesarias para atraer talento e reter e seducir á poboación máis moza e activa ao territorio. 

O estudo tamén subliña que o principal reto ao que se enfornta actualmente a Eurociudade é establecer unha relación máis estreita cos cidadáns, para que os esforzos centrados na resolución dos obstáculos á cooperación e a eliminación efectiva da fronteira troquen en solucións reais aos problemas dos residentes e contribúan dunha maneira máis visible a mellorar a calidade de vida no territorio.

Para obter a información sobre o que é e o que debería de ser a Eurocidade leváronse a cabo entrevistas presenciais, escritas, máis de 190 cuestionarios, grupos de discusión e analizáronse unhas 70 fontes documentais durante os seis meses que durou o estudo. 

A Eurocidade recoñece que precisa estreitar maiores lazos cos cidadáns de Chaves, Verín...