Xoves 23.05.2019
Poderán solicitalo nos postos de turismo de Verín e Chaves, na web das Termas de Chaves ou nas propias termas

O Programa de Termalismo Social refórzase cun voluntariado para os coidadores de persoas dependentes

Os Programas de Termalismo Social 2019 amplíanse cun Programa de Voluntariado Social para coidadores de persoas en situación de dependencia que participen nas sesións termais. Esta iniciativa está dirixida polo AECT Eurocidade Chave-Verín e a área de Servizos Sociais do Concello de Verín.

Cartel da actividade.
Cartel da actividade.

O Agrupamento Europeo De Cooperación Territorial (AECT) Eurocidade Chaves-Verín, en colaboración coa área de Servizos Sociais do Concello de Verin reforza os Programas de Termalismo Social 2019, cun Programa de Voluntariado Social dirixido aos coidadores de persoas en situación de dependencia que participen nas sesións termais.

O obxectivo do AECT é "facilitar aos coidadores de maiores en situación de dependencia, unha axuda que lles permita desfrutar dos progamas termais sen preocupacións e poder recuperarse física e psicolóxicamente da labor inherente ao coidado dun maior en situación de dependencia".

O coidador en situación de dependencia poderá, xunto coa solicitude de inscrición no programa de termalismo, solicitar a axuda dun voluntrario para que coide da/s persoa/s en situación de dependencia durante o tempo de realización das sesións termais.

Os requisitos son estar xubilado, ter máis de 60 anos, ou ser coidador de persoas en situación de dependencia. Tamén ser residente na Eurocidade Chaves-Verín ou na área de influencia do Alto Támega Transfronterizo -Oímbra, Monterrei, Cualedro, Vilardevós, Castrelo do Val, Laza, Valpaços, Montealegre, Boticas, Va Pa de Aguiar ou Ribeira de Pena-.

Poderán inscribirse co formulario, que se atopará na web www.termasdechaves.com, solicitalo nos postos de turismo de Verín e Chaves, ou nas Termas de Chaves. 
 

O Programa de Termalismo Social refórzase cun voluntariado para os coidadores de...
comentarios