Xoves. 28.03.2024
Os participantes aprenderán a crear vídeos, webs, apps e prototipos 3D

A Eurocidade acollerá un campamento xuvenil de formación en novas tecnoloxías

Organizado pola Xunta de Galicia, a través de Xuventude, o obxectivo do programa é dinamizar ós mozos e mozas da zona transfronteiriza desenvolvendo unha actividade multidisciplinar a través das novas tecnoloxías. O campo de voluntariado celebrarase entre o 4 e o 9 de novembro.

c9885a8ab80f40c560f6c47a7450a7df_XL
O campamento está pensado para mozas e mozos con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos.

O vindeiro mes de novembro, a AECT Chaves-Verín acollerá unha nova acción encamiñada á dinamización da xuventude do territorio que abrangue a Eurocidade. Nista ocasión, trátase dun campo de voluntariado con actividades multidisciplinares no eido das novas tecnoloxías, aproveitando para ofrecerlles ós e ás participantes unha inmersión cultural e etnográfica que lles permita crear un contacto estreito coas culturas galega e portuguesa.

O proxecto está dirixido a mozas e mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, e terá lugar entre o 4 e o 9 de novembro na sede da Eurocidade (antiga Aduana, Feces). Para participar, haberá que se inscribir a través diste formulario electrónico. O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o vindeiro 23 de outubro; o cupo é de 10 prazas, polo que a selección de participantes será por estrita orde de reserva.

Organizado pola Xunta de Galicia, a través da DX de Xuventude, Participación e Voluntariado, a convocatoria da actividade ten como obxectivo apoiar o desenvolvemento da zona transfronteiriza e a súa dinamización a través de programas con claro valor social. Centrados na xuventude, ista acción utiliza a alfabetización dixital e as novas tecnoloxías co fin de que xurdan novas oportunidades para os mozos e mozas do territorio que abrangue a Eurocidade.

O campamento ofrece a posibilidade de iniciarse en tres sectores dixitais a través da realización de obradoiros: Creación de vídeos, Creación de prototipos 3D e Creación de web-APP. Os participantes non farán ningunha achega económica xa que o Campo de Voluntariado inclúe: aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple, transporte no ámbito da actividade, equipos técnicos e o acompañamento polo persoal técnico.

A Eurocidade acollerá un campamento xuvenil de formación en novas tecnoloxías