jueves. 18.04.2024
La Eurociudad Chaves-Verín se desmarca del Eixo Atlántico.
A presentación do novo servizo de transporte público realizarase na sede da Eurocidade, situada en Feces de Abaixo.

A Eurocidade Chaves - Verín presentará ante os medios de comunicación, o vindeiro luns, día 5 de agosto, o Transporte Urbano Transfronteirizo Chaves-Verín (TUT). O proxecto ten como obxectivo poñer a disposición dos eurocidadáns un servizo de transporte para "os días nos que exista maior necesidade de transporte transfronteirizo". 

Esta acción desenvólvese no ámbito do proxecto EUROCIDADE 2020, aprobado polo Programa INTERREG V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP), coa cofinanciación do FEDER. Xa na presentación do estudo "Eurocidade Chaves-Verín: Situación e Perspectivas" da pasada semana, se establecera como obxectivo principal acadar unha relación máis estreita cos cidadáns, para que os esforzos centrados na resolución dos obstáculos á cooperación e a eliminación efectiva da fronteira troquen en solucións reais aos problemas dos residentes e contribúan dunha maneira máis visible a mellorar a calidade de vida no territorio. Este servizo, supón, xa que logo, un paso máis na mellora das comunicacións entre a veciñanza das dúas beiras da fronteira.

O servizo supón un paso máis na mellora das comunicacións entre a veciñanza das dúas beiras da fronteira.

A presentación deste novo servizo de transporte público realizarase na sede da Eurocidade, situada en Feces de Abaixo, o luns a partir das 10:30 horas –9:30 horas en Portugal– coa presenza dos dous máximos mandatarios das dúas vilas da institución supramunicipal, Gerardo Seoane e Nuno Vaz. O director executivo da AECT, Pablo Rivera, será o encargado de realizar a presentación técnica do proxecto, para posteriormente proceder á sinatura do protocolo para o inicio do proceso de Transporte Urbano Transfronterizo Chaves-Verín –TUT ocasional– entre el AECT e a empresa adxudicataria do servizo. Ás 11:15 horas –10:15 en Portugal– o servizo será inaugurado por Nuno Vaz e Gerardo Seoane Fidalgo, respectivamente, Presidente e Director da institución transfronteiriza.

"Coche de liña" entre Verín e Chaves a partir do próximo luns