O percorrido será de 16 kilómetros e inscribirse custará cinco euros

Xa hai data para a X andaina do Pozo do Demo: 10 de abril

Cartel da décima andaina ao Pozo do Demo, o 10 de abril.

O domingo 10 de abril, Verín acollerá a X edición da andaina de monte "Pozo do Demo", organizada polo Concello de Verín e a Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas. O percorrido desta proba é de 16 quilómetros, terá unha dificultade media, e a saída (ás 10:00 horas) será diante do Pavillón de Deportes de Verín, ao igual que a chegada.

Dende alí dirixirase cara o pobo de Cabreiroá e Monte Maior. Tras ascender ao Pozo do Demo, tomarase a ruta do mal paso dirección Tamagos, onde estará ubicado o avituallamento. Despois seguirase a ruta Camiño de Santiago ata Cabreiroá, pasando pola Casa da Inquisición, para chegar finalmente o Pavillón Municipal de Deportes. O percorrido estará marcado por cinta branca-vermella e pintadas de cor amarelo.

As inscricións, cun prezo de cinco euros, poderán formalizarse ata o 7 de abril, presencialmente nas tendas Multisport Verín e Deportes Redonet (Rúa Ervedelo, Ourense), ou ben vía telefónica (600 410 018 e 988 41 44 23), así como no correo electrónico buzon@multisport.es.
Os datos que se deben facilitar son os seguintes: nome completo, sexo, DNI, data de nacemento, enderezo completo, código postal e teléfono de contacto.

Entre as recomendacións efectuadas desde a organización para os participantes atópanse: facer a baixada en grupo ou parellas (non se debe ir só), empregar calzado resistente e compacto para evitar esbarramentos e non saírse do trazado marcado pola organización.

As recollidas de dorsais poderase realizarse o venres 8 e o sábado 9 de abril, durante mañá (10:00 a 13:00 horas) e tarde (16:00 a 20:30 horas) no establecemento Multisport (rúa Irmáns Moreno), e o domingo 10 de abril, desde as 8:30 horas da maña ata media hora antes de cada proba, no Pavillón Municipal de Deportes de Verín.