A Vuelta Ciclista a España cortará o tráfico da Nacional 525 en Verín dúas horas
Un par de horas permanecerá cortada a Nacional 525 ao seu paso pola vila -entre as 13:30 e as 15:30 horas- por mor da chegada do pelotón da Vuelta Ciclista a España 2020. A décimo quinta etapa transitará polo val e terá, na comarca, dous puntos puntuables: o Alto de Fumaces e a meta volante da Gudiña.
O Concello de Verín vén de notificar á poboación o corte da estrada nacional 525 ao seu paso pola vila, este xoves, entre as 13:30 e as 15:30 horas, con motivo da chegada do pelotón da Vuelta Ciclista a España. É a etapa máis longa desta edición, que terá a Mos (Pontevedra) como saída e a localidade zamorana de Puebla de Sanabria como meta. Serán 230,8 kilómetros de percorrido, por un terreo sinuoso e moi propicio para as fugas.
Velaí as localidades de paso polo val e a montaña ata a súa saída da provincia e a hora prevista de tránsito á velocidade media máis alta de todas as consideradas: 38 km/h.
LOCALIDAD DE PASO HORA |
||||||
|
14:33 |
|||||
|
14:35 | |||||
|
14:51 | |||||
|
14:52 | |||||
|
14:54 | |||||
|
14:56 | |||||
|
15:01 | |||||
|
15:03 | |||||
|
||||||
|
15:20 | |||||
|
15:30 | |||||
|
15:34 | |||||
|
15:36 | |||||
|
16:00 |
|
||||