Venres. 29.03.2024
IMG-20190405-WA0009
Algúns dos integrantes coa equipación.

Este sábado 6 de abril, ás 17:00 h no Pavillón Municipal de Verín, terá lugar a presentación do novo equipo de ciclismo de competición "Biblicletas Chinquena Racing Team". Durante o acto comentaranse os obxectivos do clube durante a temporada; como, quen e por qué se formou, así como a presentación dos compoñentes do equipo e das modalidades onde competirán. Posteriormente haberá pinchos e fotos no evento.

Despois de casi 3 anos de intentos, os integrantes conseguiron atopar patrocinadores e colaboradores na vila para poder crear o equipo, que consta de 15 membros polo momento (13 homes e 2 mulleres), entre os que se atopan Javier Estévez Estévez, Manuel Baños Benéitez, Roberto Rodríguez Barreal, Jordi Carrera Guirao e Cristina Rodríguez Villar.  As modalidades nas que se centrarán serán ciclocross, XCO, XC e DH.

Segundo un dos seus integrantes, Roberto Rodríguez, o obxectivo principal é promocionar o ciclismo de competición, tentando involucrar á poboación e acollendo xente nova para ir crecendo. Deste modo, formarán tamén a cadetes e xuveniles, xa que "ao final, nós entendemos que a parte que nos toca é tentar crecer, e para crecer, hai que ensinar e involucrar á xente xoven. A base é o máis importante, e o noso compromiso é fomentalo", afirmaba.

O equipo competirá polo momento a nivel autonómico e nacional e, ademáis, pretenden montar unha proba de ciclocross en outubro na vila.

Verín terá un equipo de ciclismo de competición