Xoves. 28.03.2024
btt9
José Luis Suárez, de costas, dando a benvida aos máis de cen participantes pouco antes da saída da proba.

Instantes iniciais da décimo primeira marcha de bicicleta todo terreo de Monterrei. 

Aínda que inicialmente eran 147 os inscritos na xa décimo primeira marcha BTT polo municipio de Monterrei, ao final o peche da inscrición rexistrou dez participantes menos, que, repartidos en dúas quendas segundo a ruta escollida fose a longa -de 65 kilómetros- ou a curta, de 42, percorreron grande parte do municipio que preside José Luis Suárez Martínez en pouco máis de catro horas.

O primeiro dos grupos partiu diante da casa do concello, en Albarellos, pasadas as 9,30 horas. Os máis rezagados viñeron chegando ao punto de partida arredor das dúas da tarde, logo de percorreren un circuito que os levou, no deseño máis longo, polo castelo de Monterrei, Verín, Oímbra, As Chas, Vilaza e, novamente, Albarellos de Monterrei. 

btt8Xaquín Jiménez, do Clube Ciclista Matamá, levou o premio ao participante máis cativo de todos os inscritos. 

Foron arredor de 20 máis os inscritos que o pasado ano, o primeiro no que se deciciu mudar a súa data de celebración, para retrasala dende o mes de xuño ata finais do mes da agosto, no que se leva celebrado dende hai un par de anos. 

O Inorde (o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico) e a Deputación de Ourense colaboraron de xeito económico proporcionando a carpa na que tería lugar a comida para os que con dereito ao xantar se inscribiron, e sufragando parte do custe da organización. 

O rexedor local, José Luis Suárez Martínez, estivo dende primeira hora da mañán tendo conta de que todo se desenrolase sen incindencias. Protección Civil de Verín, en colaboración cos seus homólogos de Cualedro-Monterrei, dispuxeron un dispositivo encamiñado a rexistrar os máis mínimos incidentes en todo o desenrolo da proba. Suárez Martínez quixo agradecer "non só a participación de todos os inscritos, senón tamén a organización levada a cabo polo clube ciclista BTT Verín, así como a participación dos voluntarios da Agrupación de Protección Civil de Verín e Cualedro e, como non, aos integrantes de Saudeter, que estiveron presentes no control específico de participantes e dos tempos de celebración da proba".

btt3O rexedor, José Luis Suárez Martínez, retratouse cos efectivos voluntarios de Protección Civil de Verín e Cualedro-Monterrei, aos que lles agradeceu a súa colaboración. 

Suárez Martínez sinalou que "esta é unha oportunidade única para dar a coñecer a realidade actual pero tamén histórica do noso municipio, dun xeito lúdico pero tamén saudable como é o percorrer estas terras enriba dunha bicicleta", apuntou. 

btt2Logo de case catro horas dando pedal, non quedou nada nos pratos. 

btt7Non podía faltar o viño de denominación no xantar ofrecido pola organización a todos aqueles inscritos.

btt5Aníbal, Antonio e Manuel, ao remate da proba deportivo-lúdica organizada polo Concello de Monterrei. 

btt4Ensalada de pasta -con moito hidrato para recuperar- e carne estofada foi o menú ofrecido aos deportistas.

btt1Os participantes tiñan dúas opcións: unha ruta longa de 65 kilómetros, e unha curta de tan só 42. 

btt6O xantar de confraternización extendeuse máis alá das tres e media da tarde, á beira do río Rubín, en Albarellos (Monterrei).

Deporte, natureza e historia misturáronse na XI edición de marcha BTT de Monterrei