xoves 22.08.2019
Clube e institución municipal asinaron un convenio económico e deportivo de colaboración con carácter anual

O Concello de Verín ponse á roda do Bicicletas Chinquena Racing Team

O rexedor, Gerardo Seoane, amosa a camisola da equipación oficial do clube ciclista, co seu presidente, Javier Estévez (esquerda) e Roberto Rodríguez Barreal.
O rexedor, Gerardo Seoane, amosa a camisola da equipación oficial do clube ciclista, co seu presidente, Javier Estévez (esquerda) e Roberto Rodríguez Barreal.

O  Concello de Verín e o club ciclista Bicicletas Chinquena Racing Team veñen de subscribir un convenio de colaboración co obxectivo de promocionar e fomentar o ciclismo no municipio. O acordo foi rubricado esta mesma mañá polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e polo presidente do clube, Javier Estévez Estévez.

En virtude do citado convenio, o Concello adquire o compromiso de aportar 1.650 euros que serán destinados a sufragar os gastos relativos ao fomento e desenvolvemento por parte do clube ciclista de actividades e/ou proxectos socioculturais ou de promoción turística e deportiva no municipio, que poidan ser considerados de interese xeral pola institución municipal.

"Somos conscientes do árduo traballo que hai detrás da organización deste tipo de eventos deportivos, por iso cremos que é o noso deber como administración pública apoiar aos clubs e asociacións, coa creación de convenios como este que faciliten o seu traballo”, explicou Gerardo Seoane, alcalde da vila. 

O Club Ciclista Racing Team presentouse oficialmente na pasada edición da Festa do Lázaro de Verín e conta cos patrocinios, entre outros, deste xornal dixital. 

O Concello de Verín ponse á roda do Bicicletas Chinquena Racing Team
comentarios