Bicicletas Chinquena Racing Team son os organizadores do evento

I Ciclocrós Vila de Verín

Patrocinadores do evento.

O sábado, 4 de xaneiro de 2020, realizarase o I Ciclocrós Vila de Verín, dentro da competición Copa Galicia Ciclocrós. Bicicletas Chinquena Racing Team son os encargados de organizar o evento, que comezará ás 14:30 horas na Praza da Alameda de Verín.

O equipo deportivo Bicicletas Chinquena Racing Team organiza o I Ciclocrós Vila de Verín. O sábado, 4 de xaneiro de 2020, ás 14:30 horas sairase da Praza da Alameda. A competición prolongarase ata as 19:00 horas. O Ciclocrós Vila de Verín, xunto co Ciclocrós Castelo de Maceda, que se celebra o domingo, 5 de xaneiro, son as dúas últimas probas da Copa Galicia Ciclocrós, onde chegarán moi apretadas as clasificacións e se decidirán os campións galegos.

O punto de saída da proba é no  parque da Alameda, á altura do gastrobar Na Verza, para continuar polo parking libre do lado do río e rematar nun campo ao seu carón no que se está a preparar todo para a xornada. É un circuíto de curvas, no que comezarán participando as categorías máis pequenas, de entre 8 e 14 anos. A continuación comezan as competicións, e haberá probas para cadetes, xuvenís, juniors, másters, élites...

Do equipo organizador, Chinquena Racing Team, participará un cadete, un junior, unha chica máster e varios chicos máster. Son 16 os integrantes deste equipo de competición -presentado oficialmente na pasada Feira do Lázaro-, e aseguran que decidiron facer o club porque crían que era algo necesario. "Hai dous clubs, o BTT Verín e o Club Ciclista, pero están máis orientados ó cicloturismo, entón decidimos crear este e encamiñalo única e exclusivamente á competición", asegura Javier Estévez.

Bicicletas Chinquena Racing Team participou en diversos campionatos durante esta tempada, e o resultado foi bo. Algúns dos seus integrantes gañaron varios premios. Un dos máis destacados é que Roberto Rodríguez Barreal foi campión de Euskadi na categoría máster. Tamén destaca Ana Gómez Quintáns, que quedou de campioa galega de estrada en máster 30.

O equipo Bicicletas Chinquena Racing Team na súa presentación na Feira do Lázaro deste ano.

No que atinxe ó I Ciclocrós Vila de Verín, dende o Concello informan de que durante a xornada estará prohibido estacionar na Praza da Alameda e no aparcadoiro libre do Camiño da Preguiza, e cortarase a circulación e a entrada e saída de garaxes na rúa Alameda, na da Ribeira do Támega e na Praza da Alameda mentres a competición non finalice.