martes 17.09.2019
Responde así ás numerosas peticións de pais e nais desexosos de que se impartise esta disciplina

O Concello promove o primeiro clube de ximnasia rítmica da vila de Verín

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín está a xestionar a formación dun clube deportivo de ximnasia rítmica na vila. Dita iniciativa nace da demanda de moitos pais e nais que buscan que os seus cativos e cativas poidan gozar desta actividade dun xeito accesible.
O curso desenrolarase entre os meses de outubro e xuño do 2020.
O curso desenrolarase entre os meses de outubro e xuño do 2020.

O Concello de Verín vén de escoitar as demandas de moitos pais e nais do municipio nas que lle reclamaban a posta en marcha dun clube de ximnasia rítmica na vila. E así, o departamento responsable da institución municipal acaba de anunciar a apertura do prazo de preinscrición para o vindeiro curso escolar, coincidente co da posta en marcha do inaudito clube. E é que os beneficios que pode aportar aos cativos son, de seguro, incontables, e entre eles o Concello de Verín sinala a mellora da condición física e da flexibilidade e a estimulación da coordinación e da concentración. Esta disciplina axuda, ademáis, a conectar co espazo e o tempo, a coñecer o propio corpo e os seus movementos e a corrixir malas posturas. Trátase dunha actividade física completa que se converte nunha alternativa perfecta para que os máis pequenos se manteñan activos e  melloren así a súa calidade de vida.

As actividades que englobarían este clube estarían destinadas a menores de entre 3 e 16 anos, divididos en dous grupos: os menores de 3 a 6 anos poderán gozar de actividades físicas de base, mentres que aqueles que teñan entre 7 e 16 practicarán a modalidade de ximnasia rítmica.

Toda a información para os pais e nais interesados está dispoñible na Casa da Cultura da vila ou ben chamando ao 988.41.47.76. O primeiro curso de ximnasia rítmica en Verín levarase a cabo entre outubro do 2019 e xuño do 2020. 

O Concello promove o primeiro clube de ximnasia rítmica da vila de Verín
comentarios