Xoves. 28.03.2024
Cartaz Dïa do libro 2021 Viana
Cartaz Día do Libro 2021 Viana do Bolo

Pola celebración do Día Internacional do libro 2021, o Concello de Viana do Bolo ofertará ós pequenos da casa actividades no eido do fomento da lectura, co obxectivo de infundir o amor polos libros aos máis novos.

Así, na xornada do venres, 23 de abril, nos centros de ocio infantil do concello impartirase o obradoiro "Un libro é vivir cos ollos abertos" para eles. Nesa mesma xornada os nenos poderán, ademáis, disfrutar dos contacontos.

Estas dúas actividades estarán dispoñibles só para a cativada, mentres que os adultos terán á súa disposición -coma sempre- o catálogo de libros da biblioteca municipal.

Os horarios das actividades de mañá venres son:

- Para nenos de 2 a 5 anos, as 16 horas.

- Para nenos de 6 a 9 anos, ás 17:30 horas.

- Para rapaces de máis de dez anos, as 19 horas.

Na mañá do sábado, dende O Axoúxere da Pepita e con iniciativa do concello, impartiráse un obradorio de elaboración de pequenos contos no que, segundo comunican dende o propio consistorio "cada ún elaborará a súa propia historia."

Verbas inspiradoras

Dende a concellería da área quixeron reseñar unhas verbas de Irina Bokova con motivo do Día Internacional do Libro de 2016: "Non hai nada coma un libro. Un libro é un vínculo entre o pasado e o futuro. É unha ponte entre xeracións e entre culturas. É unha forza para crear e compartir sabedoría e coñecemento ".

Viana do Bolo aposta pola lectura no Día Internacional do Libro