Venres. 29.03.2024
Á inauguración oficial achegouse o Director Xeral de Políticas Culturais da Xunta, Anxo Lorenzo

Verín é esta fin de semana a capital cultural da novela histórica en lingua española

Verín estase a converter esta fin de semana na capital da literatura histórica de todo o país. E o é porque este venres deron inicio as II Xornadas de Novela Histórica da vila, cos talleres intensivos de escritura creativa impartidos por Alejandro Corral e que se desenvolveron dende as 11:00 horas na Biblioteca Municipal. Máis tarde chegaría, xa cara as 18:00 horas, a inauguración oficial, que contou coa presenza do Director Xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo.

Verín estase a converter esta fin de semana na capital da literatura histórica de todo o país. E o é porque este venres deron inicio as II Xornadas de Novela Histórica da vila, cos talleres intensivos de escritura creativa impartidos por Alejandro Corral e que se desenvolveron dende as 11:00 horas na Biblioteca Municipal. Sin embargo, o prato forte chegou pola tarde, cando ás 18:30 horas comezaba de xeito oficial, co acto de inauguración, unha nova edición deste evento polo que na anterior e primeira quenda pasaron por enriba dos 600 verinenses.

O acto inaugural arrancou coa actuación do trovador e luthier Emilio Arias, unha das novidades desta segunda edición, que interpretou unha cantiga de amor antes de que Manuel Mandianes, o antropólogo limián e José Luis Corral, director destas Xornadas de Novela Histórica tomasen cada un a palabra para facer unha lixeira introducción. Fixerono antes de que o Director Xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, subise ao estrado para falar da importancia deste xénero, o da novela histórica, nos tempos que corren, "porque cando eu era mozo, este xénero era moi difícil de apotar", non sen antes loubar ao Concello de Verín pola iniciativa e, en particular, facer un expreso recoñecemento da labor que dende a Biblioteca Municipal se desenrola.

"No habrá una ciudad que tenga la oportunidad, como Verín, de reunir a autores de la talla de los que tenemos aquí, me siento muy orgulloso de poder participar en estas jornadas, y quiero que sepáis que sois muy bienvenidos y ya estáis invitados a la próxima", sinalou o rexedor Gerardo Seoane

Diego Lourenzo, teniente de alcalde, sucedeu ao anterior para destacar o éxito da convocatoria inicial -"unhas 650 persoas"- e recalcar que a programación cultural para este concello "foi e será unha constante deste grupo de goberno".

Foi Gerardo Seoane, o alcalde, quen deu por rematada a introducción lembrando ao alcalde de Vigo na súa alocución: "Estas van a ser as xornadas de novela histórica top do mundo mundial, non temos tantas bombillas pero si máis luces". Seguiu facendo un relatorio da historia de Monterrei e da súa maridaxe coas letras, dende a instauración da primeira imprenta de Galicia, a posibilidade perdida de ter unha universidade antes incluso que a de Santiago ou, o máis recente no tempo, a inxente cantidade de cabeceiras xornalísticas que se rexistraron ao final do século XIX, principios do XX. Relato do rexedor que enlazou para xustificar a especial vinculación de Verín e comarca coas letras: "Cuento esta historia porque durante esta legislatura, el objetivo principal fue recuperar nuestra identidad, condición que nos da una cierta autoestima", e proseguiu eloxiando a iniciativa cando dixo que "no habrá una ciudad que tenga la oportunidad, como Verín, de reunir a autores de la talla de los que tenemos aquí, me siento muy orgulloso de poder participar en estas jornadas, y quiero que sepáis que sois muy bienvenidos y ya estáis invitados a la próxima", sinalou.

Tras as presentacións de rigor, chegou o momento das comparecencias dos autores José Calvo Poyato e Alejandro Corral, que tiveron a Emilio Arias como amenizador musical.

Verín é esta fin de semana a capital cultural da novela histórica en lingua española