Venres. 29.03.2024
08082019 NP CONCELLO DE VERIN - ?Ve rín, enclave de gaita” continúa coa súa programación na procura de achegar o mundo da gaita á vila. (2)
A Banda de Gaitas do Concello de Verín actuando na Praza da Mercé.

Onte, 7 de agosto, continuaba a programación da actividade "Verín, enclave de gaita" cunha actuación da Banda de Gaitas do Concello de Verín seguida dunha conferencia sobre a iconografía da gaita da man de Xosé Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas.

Ao remate da actuación, os asistentes puideron asistir a unha conferencia acerca da iconografía da gaita impartida por D. Xosé Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas de Ourense.

A actuación da Banda de Gaitas do Concello de Verín deu o toque musical a esta velada en torno á gaita e serviu de escaparate para a peza que encabeza a exposición principal do programa, o gaiteiro do retablo de Santuario de Vilamaior do Val. Os membros desta agrupación visten un traxe inspirado nesta figura tan emblemática, un feito que moitos veciños e veciñas descubriron grazas a esta actividade.

08082019 NP CONCELLO DE VERIN - ?V erín, enclave de gaita” continúa coa súa programación na procura de achegar o mundo da gaita á vila.A concelleira de Cultura, Emilia Somoza asiste á actuación da Banda de Gaitas do Concello de Verín acompañada por Xosé Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas de Ourense. | FOTO: Carlos Montero

Ao remate da actuación, os asistentes puideron asistir a unha conferencia acerca da iconografía da gaita impartida por D. Xosé Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas de Ourense. A través das imaxes recollidas nas investigacións deste mestre gaiteiro puidemos facer un percorrido pola historia da gaita e indagar sobre a súa orixe e evolución.

08082019 NP CONCELLO DE VERIN - ?Ve rín, enclave de gaita” continúa coa súa programación na procura de achegar o mundo da gaita á vila. (5)

Foxo e membros da Banda de Gaitas de Verín desfrutando da exposición "Verín, enclave de gaita" no Museo Claustro dos Mercedarios. | FOTO: Carlos Montero

A exposición "Verín, enclave de gaita" sumou máis de 200 visitantes nos seus dous primeiros días aberta ao público e permanecerá exposta durante os vindeiros meses no Museo Claustro Mercedario de Verín. Xurde como froito da colaboración entre o Concello de Verín, a Escola Provincial de Gaitas de Ourense e o Obispado de Ourense, tres institucións que unen forzas coa pretensión de achegar a historia deste instrumento a unha comarca que, por tradición, foi sempre un enclave de referencia dentro do mundo da gaita.

"Verín, enclave de gaita" continúa coa súa programación na procura de achegar o mundo...