viernes. 19.04.2024
180525 EXPOSICION TALLA MADEIRA IMG_0829 CMZ-2
Imaxe dunha das obras que se exporán na Casa da Cultura de Verín a partir do 8 de agosto. | FOTO: Carlos Montero

Do 8 de agosto ao 5 de setembro, a Sala de Exposicións de Verín acollerá a mostra 'Talla: Arte e Oficio', que presenta obras realizadas polo alumnado de Talla das Aulas de Especialización da Escola de Artes e Oficios de Verín. A inauguración oficial terá lugar o propio día 8 de agosto, ás 19:00 horas.

180525 EXPOSICION TALLA MADEIRA IMG_0840 CMZ-2As obras son pezas únicas de talla en madeira. | FOTO: Carlos Montero

Os traballos que se exhiben foron realizados nas clases desta especialidade artística ao longo do último curso 2018-2019. Trátase dunha exposición monográfica desta disciplina que recolle máis dunha trintena de esculturas de pequeno e gran formato.

A exposición recolle máis dunha trintena de esculturas de pequeno e gran formato

A Sala de Exposicións de Verín estará aberta de luns a venres, 17:00 a 20:00 horas, para que veciñanza e visitantes poidan achegarse.

Verín acolle unha mostra de talla en madeira do alumnado da Escola de Artes e Oficios