domingo 17/01/21
O obxectivo é establecer un diálogo sobre os camiños a seguir no ámbito cultural tras o grave impacto que tivo a Covid-19 sobre este sector

Esta noite o futuro da cultura en Verín a debate

Nace como resposta á demanda de crear un punto de encontro e debate para os axentes culturais da localidade

Cartel ''Mesa Redonda: Covid-19 e cultura en Verín''. | FOTO: Concello de Verín.
Cartel ''Mesa Redonda: Covid-19 e cultura en Verín''. | FOTO: Concello de Verín.

Hoxe, 28 de decembro, ás 20:00h, o Auditorio Municipal de Verín acollerá o evento ''Mesa Redonda: Covid-19 e cultura en Verín''. Trátase dunha reunión entre os axentes culturais de Verín co obxectivo de establecer un diálogo sobre os camiños a seguir no ámbito cultural tras o grave impacto que tivo a Covid-19 sobre este sector. Dita actividade xorde das mans de Farlopa Fanzine e conta coa colaboración de Akasha Laboratorio Audiovisual e do propio concello.

NP - Os axentes culturais da comarca de Verin reúnense para debater sobre o futuro da cultura localAuditorio Municipal de Verín que acollerá o evento. | FOTO: Concello de Verín.

Un evento altruísta, que nace como resposta á demanda de crear un punto de encontro e debate para os axentes culturais da localidade. A iniciativa permitirá a posta en común das ideas para afrontar esta situación e, tamén, servirá como motivación para futuros proxectos. Así mesmo, os artistas locais tamén terán o seu espazo, polo que se realizará a exhibición de diferentes obras ao largo do evento.

A maiores, quere favorecerse que todos aqueles interesados en participar o poidan facer. Deste xeito, será retransmitido en directo e poderá ser visualizado a través da Youtube de Farlopa Fanzine e das redes sociais dos participantes. Con isto, búscase dar a posibilidade de participar en todo momento no diálogo, tamén dende a casa, por medio dunha moderadora que recollerá todo os comentarios e os compartirá cos asistentes no auditorio.

Acceso á reunión en directo

               

Ademais, aqueles axentes que queiran asistir ao debate de xeito presencial poderán escribir ao correo  [email protected] antes do 27 de decembro. O aforo no auditorio será limitado co fin de poder manter as medidas sanitarias precisas.

Cartel informativo do evento

undefined

Esta noite o futuro da cultura en Verín a debate
comentarios