A mostra permanecerá ata o vindeiro 21 de abril aberta ao público

A autora do cartel vencedor no concurso do Entroido 2019 expón ás beiras da acrópole

Inauguración da exposición de pintura de Ana Arias no castelo de Monterrei.

Dende hoxe 16 de febreiro e ata o vindeiro 21 de abril estará exposta no hospital de Peregrinos do castelo de Monterrei a obra da autora Ana Arias, gañadora do concurso de elaboración do cartel do Entroido 2019 e galardonada tamén co primeiro dos premios no I concurso de pintura na acrópole de Monterrei. Os interesados en visitar a mostra poderán facelo de mércores a domingo entre as 11,00 e as 14,00 horas; e pola tarde, de 16,00 a 18,00 horas.