sábado. 20.04.2024
Cartel_raia_exposicion
Cartaz promocional da exposición "A memoria da raia".

Dende o vindeiro 12 de agosto e ata o 29 de setembro poderase visitar, no Hospital da Trinidade na Acrópole de Monterrei, a exposición fotográfica e audiovisual A Memoria da Raia.

Trátase dun traballo levado a cabo por tres mozas nadas nos concellos de Monterrei e Verín que tratan de recoller a memoria das persoas residentes nos dos dous lados da "raia seca", entre Galicia e Portugal ao longo do século XX, con especial interese nas relacións entre os seus habitantes.

A maiores, as fins de semana, tanto sábados como domingos, estará ao dispor dos visitantes dende as 16:00 horas.

A exposición inaugurarase o vindeiro luns, día 12 de agosto ás 20:00 horas, no Hospital da Trinidade na Acrópole de Monterrei. As pezas audiovisuais e fotográficas formarán parte, dende entón e ata o 29 de setembro, do percorrido das visitas guiadas á Acrópole que teñen lugar tódolos días da semana ás 11:00, 12:30, 17:30 e 19:00 horas. A maiores, as fins de semana, tanto sábados como domingos, estará ao dispor dos visitantes dende as 16:00 horas.

Unha exposición porá en valor a memoria da "raia seca" ao longo do século XX