luns 12/04/21
O xurado decidiu conceder o primeiro premio a “Volverá a saír o sol” e o segundo a “Corneta maior”

O Concello de Viana do Bolo dá a coñecer as imaxes gañadoras do concurso de fotografía do Entroido

Ambos traballos ensinan, con gran sensibilidade, facetas diferentes da tradición do municipio

155822369_2135880933226003_5368293485921800315_o
“Volverá a saír o sol”. Fotografía gañadora do primeiro premio do concurso “Entroido Viana do Bolo 2021”. | FOTO: Concello de Viana do Bolo.

O Concello de Viana do Bolo xa ten as fotografías gañadoras do concurso de fotografía “Entroido Viana do Bolo 2021”, organizado pola Asociación Robreda. O xurado decidiu conceder o primeiro premio a “Volverá a saír o sol” (José Luis Ortiz) e o segundo premio a “Corneta maior” (Julio Somoza). Ambos traballos amosan, con gran sensibilidade, facetas diferentes da tradición do municipio.

No caso de “Volverá a saír o sol”, a imaxe simboliza con fidelidade, por medio do xogo de luces e sombras, o que supuxo este Entrudio 2021 para toda a veciñanza da localidade. Os membros do xurado consideran que a correspondencia entre o título e o que a imaxe transmite fan este traballo merecedor do primeiro premio. A outra, “Corneta maior”, reflicte o papel esencial dos máis veteranos na festa.

155444230_2135880956559334_3507076100885352080_o “Corneta maior”. Fotografía gañadora do segundo premio do concurso “Entroido Viana do Bolo 2021”. | FOTO: Concello de Viana do Bolo.

O Concello de Viana do Bolo dá a coñecer as imaxes gañadoras do concurso de fotografía...
comentarios