luns 12/04/21
Preténdese fomentar a creatividade dos estudantes da comarca

O Concello de Verín convoca dous concursos literarios para celebrar o día das Letras Galegas

180518GALA MUSICO LITERARIA LETRAS GALEGAS 2018 CMZ_55-2-min
Gala Músico-Literaria das Letras Galegas 2018.

O municipio, coa cooperación de Gadis, levará a cabo os Certames de Poesía Xosé Carlos Pérez Caneiro e o de Relato Curto Antonio Fernández Pérez.

Estes terán lugar no Auditorio Municipal de Verín o 17 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas, coa finalidade de promover a creatividade literaria dos alumnos da bisbarra. 

Bases do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez 

  • Poderán participar as persoas matriculadas en Primaria (5º ou 6º), e 1º e 2º ciclo de ESO de calquera dos centros educativos da comarca de Verín.
  • O relato terá que ser escrito en galego, con temática libre, pero orixinal e inédito. Presentarase cun título e un lema, e a extensión non superará os 5.500 caracteres (2 DIN A4 escritos por unha cara, con tipo de letra Times New Roman de corpo 12, marxes estándar (2cm) e un entreliñado de espazo e medio).
  • A etapa de preselección levarase a cabo según o criterio de cada centro participante, que poderá enviar á fase de selección un máximo de tres relatos en cada unha das categorías. Estes deben estar elaborados por persoas distintas matriculadas na entidade.
  • As narracións preseleccionadas enviaranse a [email protected], antes das 12:00 horas do 7 de maio, en ficheiros abertos co nome de LEMA_ seguido de P, E1 ou E2, dependendo do nivel no que concursen (Primaria, 1º ou 2º ciclo de ESO).
  • O Xurado Cualificador estará composto por persoas con dereito a voz e voto, propostas pola Concellería de Cultura e Educación do Concello de Verín, e por un secretario, con voz e sen voto, que representará á organización. As decisións serán inapelábeis.
  • Todos os autores dos traballos finalistas recibirán un diploma e un lote de libros.
  • En cada unha das categorías entregaranse os seguintes premios: 90 euros (1º premio), 60 euros (2º premio) e 30 euros (3º premio). De estipulalo así o Xurado, algún poderá quedar deserto.
  • O Concello de Verín reserva o dereito de publicación dos relatos premiados con dotación económica en calquera formato e sen límite de edicións. Para demostrar a orixinalidade e o feito de que non foron editados, tanto os autores como os titores destes deben asinar unha declaración. Os premios en metálico considéranse unha compensación económica pola cesión de dereitos. De cada edición que se realice, os creadores teñen dereito a recibir seis dos exemplares publicados. 

Bases do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez

  • Poderán participar as persoas matriculadas en Primaria (5º ou 6º), e 1º e 2º ciclo de ESO de calquera dos centros educativos da comarca de Verín.
  • O poema terá que ser orixinal e inédito, de temática e estilo libre. Deberá escribirse en galego e presentarse cun título e un lema. Non poderá superar os 24 versos de extensión. O autor debe concibilo para ser editado con caracteres tipográficos sobre un formato DIN A4.
  • A etapa de preselección levarase a cabo según o criterio de cada centro participante, que poderá enviar á fase de selección un máximo de tres relatos en cada unha das categorías. Estes deben estar elaborados por persoas distintas matriculadas na entidade.
  • Os poemas preseleccionadas enviaranse a [email protected], antes das 12:00 horas do 7 de maio, en ficheiros abertos co nome de LEMA_ seguido de P, E1 ou E2, dependendo do nivel no que concursen (Primaria, 1º ou 2º ciclo de ESO).
  • O Xurado Cualificador estará composto por persoas con dereito a voz e voto, propostas pola Concellería de Cultura e Educación do Concello de Verín, e por un secretario, con voz e sen voto, que representará á organización. As decisións serán inapelábeis.
  • Todas as persoas autoras dos traballos finalistas recibirán un diploma e un lote de libros.
  • En cada unha das categorías entregaranse os seguintes premios: 90 euros (1º premio), 60 euros (2º premio) e 30 euros (3º premio). De estipulalo así o Xurado, algún poderá quedar deserto.
  • O Concello de Verín reserva o dereito de publicación dos relatos premiados con dotación económica en calquera formato e sen límite de edicións. Para demostrar a orixinalidade e o feito de que non foron editados, tanto os autores como os titores destes deben asinar unha declaración. Os premios en metálico considéranse unha compensación económica pola cesión de dereitos. De cada edición que se realice, os creadores teñen dereito a recibir seis dos exemplares publicados. 

A organización resérvase o dereito de interpretar ou modificar estas bases, informando ós centros.

O Concello de Verín convoca dous concursos literarios para celebrar o día das Letras...
comentarios