martes. 23.04.2024
Aparatoso accidente no termo municipal de Cualedro. | FOTO: Garda Civil de Tráfico.
Aparatoso accidente no termo municipal de Cualedro. | FOTO: Garda Civil de Tráfico.

Arredor das 08:30 horas, no quilómetro 181,500 da estrada N-525 (Zamora - Santiago), no termo municipal de Cualedro, colisionou un turismo, no que viaxaba un matrimonio, cun camión.

Os ocupantes do vehículo quedaron feridos graves tras o sinistro. | FOTO: Garda Civil de Tráfico.Os ocupantes do vehículo quedaron feridos graves tras o sinistro. | FOTO: Garda Civil de Tráfico.

Ata o lugar do acontecido desprazouse unha patrulla de motoristas e un equipo de atestados do destacamento de Tráfico da Garda Civil de Verín, dúas ambulancias do servizo de urxencias sanitarias 061, o Corpo de Bombeiros de Verín e o servizo de limpeza e mantemento da vía.

A intervención dos bombeiros foi necesaria para liberar aos ocupantes do turismo, que tras a colisión quedaron inmobilizados no vehículo. A situación dos feridos é grave pero, afortunadamente, non se teme pola vida do matrimonio, que en todo momento estiveron conscientes.

O Corpo de Bombeiros de Verín tivo que intervir para excarcelar ó matrimonio. | VÍDEO: Garda Civil de Tráfico.

Tras o acontecido, ás 09:50 horas a calzada quedaba limpa e os vehículos retirados.

Ampliación de la colisión

Momentos previos da colisión co vehículo articulado, o turismo, un Peugot 106, conducido por J. F. B., de 91 anos e veciño de Cualedro, que resultou ferido leve, golpeou o seu retrovisor esquerdo contra o retrovisor do mesmo lado dun Opel Corsa que circulaba en sentido contrario. No Peugot 106 tamén viaxaba a esposa do condutor, M. Q. G., de 91 anos, que resultou ferida grave.

O condutor do tráiler marca DAF, J. M. R. G., de 51 anos e veciño de Celanova resultou ileso.

Excarcelado grave un matrimonio nas Estivadas ó colidir o seu turismo cun camión