xoves 05.12.2019
O condutor resultou ileso

Saída de vía dun vehículo articulado na autovía A-52

Esta mañá, na autovía A-52 (Benavente-Porriño), á altura do termo municipal de Cualedro, un vehículo articulado –furgón frigorífico- saíuse da vía, resultando o seu condutor ileso.

O furgón frigorífico saíu da vía pola marxe esquerda.
O furgón frigorífico saíu da vía pola marxe esquerda.

Ás 9:00 horas desta mañá, na plataforma de sentido crecente (Porriño), da autovía A-52 (Benavente-Porriño), á altura do termo municipal de Cualedro, un furgón frigorífico, saíuse da vía pola marxe esquerda cara a mediana.

Ata o lugar do acontecido, trasladáronse dúas patrullas do destacamento de Tráfico da Garda Civil de Verín e o servizo de conservación da vía para efectuar o corte do carril esquerdo. A circulación non se viu afectada debido a que é un tramo de tres carrís.

Afortunadamente, non hai que lamentar danos persoais.

Así quedou a mediana tras a saída do vehículo articulado na autovía A-52.

Saída de vía dun vehículo articulado na autovía A-52
comentarios