viernes. 19.04.2024
cartaz
Cartel do evento.

A asociación Monteval, responsable da xestión dos fondos europeos do plan Leader, organiza o próximo 13 de maio un obradoiro de forxa tradicional, que se impartirá en A Saceda (Cualedro).

A duración será de 20 h  repartidas en 4 sesións de 5 horas cada unha, onde se tratarán temas que varían dende o coñecemento dunha forxa, pasando por ferramentas e materiais, construción de ferramentas tradicionais ata proceso de temperado do aceiro, entre outros.

Segundo membros da organización, a forxa podería estar relacionada co castro da Saceda porque está a aproximadamente un km de distancia, sendo en teoría un dos castros de Galicia onde se atoparon  restos de forxa tradicional. "Tamén nese castro apareceron as famosas tenazas da Saceda que están expostas en Ourense", aseguraban.

O curso terá un carácter práctico e gratuito. As persoas interesadas poderán inscribirse nas oficinas da asociación Monteval - no polígono de Pazos -, no teléfono 988590233 ou no concello de Cualedro.

A Saceda acollerá o curso de iniciación á forxa tradicional organizado por Monteval