Venres. 29.03.2024
WhatsApp Image 2020-07-29 at 00.12.29
O lume comezou en Santa Baia de Montes pasadas as 23:30 horas deste martes.
Os efectivos de emerxencias informan de que acaba de declararse un importante foco de lume na localidade de Santa Baia de Montes, no Concello de Cualedro. No lugar xa traballan axentes forestais e unidades das brigadas de extinción. O seu traballo estase vendo moi dificultado polas condicións climatolóxicas, xa que, ao igual que ocorreu na Salgueira (Monterrei), sopra vento de costado que está dirixindo o lume cara a localidade de Guimarei, en Monterrei. 
O incendio declarouse pasadas as 23:30 horas deste martes 28 de xullo e moitos veciños acudiron a participar nas tarefas de extinción, logo de que se fixeran soar as campas da poboación

Novo ataque á comarca: declarado un lume cerca de Santa Baia de Montes, en Cualedro