Realizáronse traballos en pistas forestais e faixas cortalumes no municipio de Cualedro

NOTICIAS VERÍN | Remata a mellora das infraestruturas fronte aos lumes no Larouco

Os traballos centráronse na mellora de pistas forestais e de cortalumes.

A Consellería do Medio Rural vén de completar o seu programa de actuacións para a prevención de incendios forestais na serra do Larouco, dentro do concello de Cualedro.

Dende a Dirección Xeral de Defensa do Monte iniciáronse actuacións no Distrito Forestal XIV Verín-Viana dada a alta incidencia de incendios da zona.

En concreto, na serra do Larouco traballouse na mellora de 14 quilómetros de pistas forestais co obxectivo de facilitar o acceso de vehículos. Ademais, preparáronse catro hectáreas de cortalumes co fin de potenciar a súa operatividade.