martes 22/09/20
Permanece activo o incendio da Esculqueira, en A Mezquita, que xa leva más de 130 hectáreas queimadas

Reactívase un dos focos do lume que mantivo en alerta pola noite aos veciños de Santa Baia, en Cualedro

Os veciños de Santa Baia de Montes, en Cualedro, están de novo en alerta. Pasaron grande parte da noite pendentes das lapas de dous pequenos focos que se rexistraron na localidade de xeito intencionado. Un deles acaba de reactivarse. 

Un dos focos que de onte pola noite, que chegara a controlarse, acaba de reactivarse de novo en Santa Baia de Montes.
Un dos focos que de onte pola noite, que chegara a controlarse, acaba de reactivarse de novo en Santa Baia de Montes.

Santa Baia de Montes é unha localidade que estase a converter nunha das de maior índice incendiario nos últimos meses, aínda que tamén é das fixas nas estadísticas anuais. Tal e como acontecera alomenos nun par de noites do mes de xullo, nesta pasada rexistrouse de novo un foco de lapas en dous puntos dese núcleo do Concello de Cualedro. As altas temperaturas rexistradas nas últimas horas e o forte vento reinante foron, unha vez máis, aproveitados polos pirómanos para pór en vilo a toda a poboación desa aldea e tamén das limítrofes de A Caridade e Guimarei (ambas no Concello de Monterrei), a onde se dirixía o incendio. 
Foi controlado en poucas horas e a superficie queimada non aparece aínda nos datos parametrizados de Medio Rural.
 


Un deses focos vén de reactivarse pasadas as 11:30 horas deste domingo 6 de setembro, como se pode ver no seguinte vídeo. 

Mantéñense as tarefas de extinción na Esculqueira

Sobre as 12:30 h. do mediodía de onte entraba desde Portugal un lume no Concello da Mezquita, parroquia da Esculqueira. Tras telo practicamente controlado, unha nova fronte procedente tamén do país veciño reactivou este lume. Así, segundo novas estimacións, a superficie afectada é dunhas 130 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control mobilizáronse 11 axentes, 25 brigadas, 12 motobombas, 3 pas, 12 avións e 9 helicópteros.

Reactívase un dos focos do lume que mantivo en alerta pola noite aos veciños de Santa...
comentarios