As lapas iniciáronse este mediodía en San Millao e xa están a traballar no lugar medios aéreos e terrestres
Segundo lume en menos dun día no Concello de Cualedro
29 de julio de 2020 (17:08 h.)
Pouco máis de 12 horas despois de que se declarase un lume en Santa Baia de Montes, no Concello de Cualedro, agora é outra localidade dese mesmo municipio a que está en alerta polas lapas dun incendio que comezou pasadas as dúas da tarde: San Millao.
Os medios de extinción xa combaten un novo lume que se declarou este mediodía no Concello de Cualedro, na localidade de San Millao. Ata o de agora, e segundo informaron fontes dos equipos que combaten este novo incendio forestal, están a traballar nel bombeiros forestais, axentes medioambientais e 3 helicópteros (dous da BRIF de Laza e un da de Vilamaior, en Verín), ademais dun par de aeronaves de carga en terra chegadas dende a base de Doade, en Sober (Lugo).