sábado 24/10/20
As lapas iniciáronse este mediodía en San Millao e xa están a traballar no lugar medios aéreos e terrestres

Segundo lume en menos dun día no Concello de Cualedro

Pouco máis de 12 horas despois de que se declarase un lume en Santa Baia de Montes, no Concello de Cualedro, agora é outra localidade dese mesmo municipio a que está en alerta polas lapas dun incendio que comezou pasadas as dúas da tarde: San Millao. 

A BRIFF de Laza tomou esta imaxe pouco antes de chegar ao lume de San Millao, en Cualedro.
A BRIFF de Laza tomou esta imaxe pouco antes de chegar ao lume de San Millao, en Cualedro.
Os medios de extinción xa combaten un novo lume que se declarou este mediodía no Concello de Cualedro, na localidade de San Millao. Ata o de agora, e segundo informaron fontes dos equipos que combaten este novo incendio forestal, están a traballar nel bombeiros forestais, axentes medioambientais e 3 helicópteros (dous da BRIF de Laza e un da de Vilamaior, en Verín), ademais dun par de aeronaves de carga en terra chegadas dende a base de Doade, en Sober (Lugo).

Segundo lume en menos dun día no Concello de Cualedro
comentarios