Venres. 29.03.2024
Casa do Concello de Cualedro. | Foto: Cedida.
Casa do Concello de Cualedro. | Foto: Cedida.

O Concello de Cualedro cerra as súas dependencias despois de detectarse un positivo de coronavirus. Un dos traballadores municipais, de 60 anos foi trasladado esta madrugada dende o Hospital de Verín ó de Ourense, debido a certas dificultades respiratorias; polo que nestes momentos está na UCI.

O resto de servizos que leva a cabo o Concello, a excepción daqueles que se prestan na consistorial, seguen funcionando. 

O alcalde de Cualedro, Luciano Rivero, atópase confinado actualmente, tras recibir a chamada da muller do funcionario esta mañá, para avisalo do sucedido. 

O Sergas citou hoxe pola tarde ós sete traballadores do Concello para facer as probas PCR pertinentes. 

O rexedor sinalou que aínda que nestes momentos hai moi poucos casos na comarca "hai que seguir chamando á cidadanía, para que todos actúen con precaución e cumpran coas medidas de seguridade".

"No Concello todo o mundo garda as distancias, temos mamparas de seguridade, estamos coas mascarillas e temos os xeles, pero non vaia ser que poida haber outro caso; pero para evitar isto, xa estamos todos convocados para facer a PCR" alegou Rivero.

O primeiro edil di que hai que esperar os resultados, pero comunicou que os funcionarios que acudiron esta mañá ó Concello se atopaban perfectamente, xa que non se apreciaban síntomas de tose ou de febre. 

Deste modo, e polo momento, Cualedro sube de un a dous positivos. 

CORONAVIRUS VERÍN | Ingresado no CHUO o traballador do Concello de Cualedro que...