venres 14/05/21
Os seus bares terán que pechar por completo

CORONAVIRUS VERÍN | Cualedro, no nivel máximo de restricións

Centro de Educación Infantil y Primaria Vicente Risco de Cualedro. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Centro de Educación Infantil y Primaria Vicente Risco de Cualedro. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid - 19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos da Pobra do Caramiñal, O Grove, Cualedro e a Carballeda de Valdeorras.

Precisamente, o municipio cualedrés someterase o vindeiro luns pola tarde a un cribado poboacional nas instalacións do centro educativo Vicente Risco da localidade, día no que entrarán en vigor as novas restricións que lle obrigará a manter os bares pechados no seu interior. Quedará tamén o municipio pechado de xeito perimetral e as reunións quedarán limitadas a conviventes

Así mesmo, o grupo de expertos tamén determinou o nivel alto de restricións en 9 concellos galegos, nomeadamente, nos municipios de Cortegada, O Barco, Padrenda, Rubiá, Lobeira, Barreiros, Boimorto, Boiro e Cambre.

Monterrei descende un chanzo e sitúase no nivel máis baixo de restricións, o que permitirá que os bares podan abrir de novo no seu interior, cun aforo de ata o 50 por cento. 

CORONAVIRUS VERÍN | Cualedro, no nivel máximo de restricións
comentarios