Xoves. 28.03.2024
Casa do Concello de Cualedro. | Foto: Cedida.
Casa do Concello de Cualedro. | Foto: Cedida.

Este luns, as dependencias do Concello de Cualedro pechaban as súas portas, despois de que un dos seus traballadores resultara ser positivo en Covid-19. O municipio, que onte contaba con tan só dous casos activos, hoxe ten catro. 

Os novos casos corresponden a unha nena de 16 anos, un neno de 13 -os dous fillos do funcionario hospitalizado-, e dun terceiro varón de 38 anos de idade.

En contraposición con isto, experiméntase unha baixada en Monterrei, que pasa de ter cinco positivos a catro, número de casos nos que tamén se sitúa actualmente Verín fronte os seis cos que contaba no día de onte. 

Laza e Castrelo do Val seguen con un só contaxio, e Vilardevós con dous; mentres que Riós e Oímbra se manteñen libres do virus ó non ter ningún caso activo nestes momentos. 

CORONAVIRUS VERÍN | Aumento do número de casos en Cualedro