martes 22/09/20
Medio Rural acaba de solicitar a intervención da UME no lume de Vilardecervos

Arde, arde, arde: 1.100 hectáreas arrasadas en Cualedro, A Gudiña, Vilardevós e Laza

Mantense a situación 2 no lume de Cualedro pola proximidade ás vivendas da localidade de Carzoá. Dende onte pola noite, ás tarefas de extinción sumáronse efectivos do Unidade Militar de Emerxencias (UME) do Exército de España. 

O fume chegou, por momentos, a provocar un verdadeiro eclipse solar. | FOTO: Noelia Caseiro.
O fume chegou, por momentos, a provocar un verdadeiro eclipse solar. | FOTO: Noelia Caseiro.


Permanece decretada como medida preventiva a Situación 2 no incendio rexistrado no Concello de Cualedro, parroquia de Montes, pola proximidade do lume ao núcleo de Carzoá. O incendio iniciouse ás 14:48 horas do domingo e, segundo as últimas estimacións, afecta unhas 800 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control mobilizáronse 4 axentes, 8 brigadas, 7 motobombas, 5 pas, 6 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).


A Gudiña

Dende as 20:47 horas do sábado permanece activo o lume da Gudiña, parroquia de Pentes. As últimas estimacións provisionais indican que rolda as 150 hectáreas de superficie afectada. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 7 axentes, 17 brigadas, 11 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros.

Vilardevós


Activo desde as 1:04 horas desta madrugada un lume en Vilardevós, parroquia de Vilardecervos. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 80 hectáreas. No seu control participan 3 axentes, 4 brigadas, 5 motobombas e 1 pa. Neste lume, Medio Rural acaba de solicitar a intervención da UME. 

Laza


Segue activo desde as 20:29 horas do sábado o incendio de Laza, parroquia de Camba, e que afecta arredor de 60 hectáreas, segundo as últimas estimacións provisionais. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 4 axentes, 13 brigadas, 3 motobombas, 2 pas e 4 avións.

Arde, arde, arde: 1.100 hectáreas arrasadas en Cualedro, A Gudiña, Vilardevós e Laza
comentarios