Actividades, xogos e agasallos para toda a cativada de Cualedro co seu programa para este Nadal
O Concello de Cualedro presenta un completo Programa de Nadal 2025, pensado para que nenos e familias gocen destas datas con actividades diversas, xogos e agasallos.
O programa arrinca o 19 de decembro coa visita de Papá Noel no CEIP Vicente Risco ás 10:00 h, onde todos os nenos recibirán un agasallo.
O 26 de decembro, haberá unha saída a Pazolandia organizada polo Concello (as praza son limitadas, é necesaria a inscrición previa no Concello).
Ademis os días 29 e 30 de decembro na Casa de Cultura, en horario de 16:00 a 20:00 h e de 16:00 a 19:30 h respectivamente, os máis pequenos poderán desfrutar de dúas sesións de videoxogos.
Xa o 31 de decembro, chegará a Cualedro o Carteiro Real, que traerá consigo animación infantil e recollerá as cartas para os Reis Magos. Será na Casa de Cultura, de 11:00 a 13:30 h (praza limitadas, inscrición no Concello).
O 2 de xaneiro, celebrarase unha xornada de xogos populares no recinto do colexio a partir das 10:30 horas, con xogos tradicionais como A Rá, A Chave, Os Vintes, Canicas e Peonzas, chocolatada con churros e premios para todos os participantes.
O programa culmina o 5 de xaneiro coa tradicional Cabalgata dos Reis Magos que será ás 11:00 h, con animación musical e agasallos para todos os nenos.