A IMAXE DE... | A Xunta escoitando as inquedanzas de Cualedro e Monterrei
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo un encontro clave cos alcaldes de Cualedro e Monterrei, Luciano Rivero e José Luis Suárez, respectivamente, co obxectivo de estreitar lazos e explorar novas vías de colaboración entre a Xunta de Galicia e os dous concellos. Unha reunión na que tamén estiveron presentes o deputado Víctor Baladrón e a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua.
A dinamización cultural e a recuperación do patrimonio centraron boa parte da conversa, co finde impulsar proxectos conxuntos que beneficien á veciñanza da comarca. Ao tempo, abordáronse iniciativas relacionadas co fomento da lingua galega e o apoio á mocidade, dous piares fundamentais para o desenvolvemento dos espazos rurais.