Xoves. 28.03.2024
Anuncio feira Viana 28 abril
Bando do concello sobre as medidas da feira do 28 de abril

O concello de Viana do Bolo permitirá celebrar a feira mañá, 28 de abril, coas medidas pertinentes para evitar contaxios e manter o número de casos positivos a cero na contorna municipal.

As medidas consistirán nunha separación entre postos dun mínimo de catro metros, colocados únicamente nunha das marxes da rúa, para evitar aglomeracións e facilitar o cumplimento das medidas persoais individuais de separación de dous metros entre clientes.

Asemade, dentro dun mesmo posto de venda as persoas responsables do mesmo deberán gardar entre elas unha distancia mínima de 2 metros, quedando restrinxida a actividade comercial a un único responsable no caso de que as dimensións do posto non fagan posible esta separación física.


Xa dirixido a clientela do mercado, ademáis das medidas de protecctión xa coñecidas, como o uso de máscara, o concello informa da obriga do uso de luvas para tocar calquera tipo de mercancía dos postos, e recomenda que, na medida do posible, se abonen as compras polo seu importe exacto.

Advirte o concello, como complemento ao anterior, que a Policía Local de Viana do Bolo, velará polo cumprimento da distancia de seguridade e ordenará a colocación dos postos.

Con estas medidas o concello pretende garantir que usuarios e vendedores poidan exercer a súa actividade con normalidade e seguridade.

Viana do Bolo celebrará a sua feira mañá con medidas implementadas para evitar contaxios